Flashmob no XXV Festival do Río Castro

Celebramos 25 festivais dun xeito moi especial, cunha chea de xente cantando e bailando ao ritmo da peza composta por Roberto Grandal, Leandro Lamas, Manolo Maseda e a rapazada do CPI de San Sadurniño. Gracias á escola de acordeón de Naraío, ás escolas de gaita e pandeireta do Concello, ao Club Brío, a María José e a Eva por botarnos un cabo co atrezzo e tamén a todas e todos vós por participar nesta fantástica experiencia cultural.